O Concurso Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais ten o obxectivo de difundir, apoiar e promocionar os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, así como lembrar e difundir socialmente a figura e a o obra do músico e compositor Fran Pérez “Narf”.
Pode participar calquera grupo ou artista musical galego ou residentes en concellos galegos, do ámbito da música pop e variantes (folk, rock, rap, reggae…), que non fosen premiados nos cinco anos naturais anteriores do concurso.

Entrega do galardón da edición de 2020 a grupo Caldo
PREMIOS
Os premios son os seguintes:
1º clasificado: 4.000 €
2º clasificado: 2.000 €
3º clasificado: 1.500€
Presidente
Natividad González Rodríguez
Deputada de Cultura, Igualdade, Lingua e Dereitos Civís
Vogais
Ramón Bermejo
Director do Coro da Ra, especialista vocal e profesor de canto.
Noemi Vázquez
Responsable da Arca de Noe.
Mercedes Peón
Música.
Javier Becerra
Xornalista musical.
Ana G. Liste
Xornalista cultural.
Secretaria
Manuela Muñiz Souto,
xefa de Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes