A final de 2025

E OS TRES FINALISTAS

A final será o sábado 2 de novembro no Salón Teatro de Santiago de Compostela ás 19.00 horas.


A entrada é libre até completar capacidade.

Presenta
Luís Pardo

Ademais dos finalistas actuará
Caamaño&Ameixeiras

 

Debuxa en directo o artista visual
Iván Torres

Na gala final participan os seguintes finalistas:

https://www.premionarf.gal/wp-content/uploads/2025/10/Marian.jpg

Marián

Cantante e compositora que está a piques de publicar o seu álbum debut, no que conta coa colaboración de Guadi Galego. Seleccionada na última edición da da aceleradora #SonEmerxente promovida por AGADIC, o xurado destacou dela “a súa calidade vocal, así como os arranxos e a produción”.

Belém Tajes

Cantante e compositora, foi parte de bandas como Vudú, Aliboria ou Luar na Lubre. En novembro de 2024 publicou o seu primeiro álbum de longa duración, Amar o mar, un traballo que mestura música tradicional galega e latinoamericana con toques de pop e electrónica. O xurado salientou dela “as letras moi coidadas e unha aposta singular e con personalidade na instrumentación”.

https://www.premionarf.gal/wp-content/uploads/2025/10/BelenTajes.jpg
https://www.premionarf.gal/wp-content/uploads/2025/10/Vimbio.jpg

Vimbio

Liderados por Álex Arnoso (antes SonDaRúa), esta nova banda xorde para conxugar o rap coa esencia do metal da década dos 90 e dos 2000. Baixo un gran eclecticismo musical, o grupo propón letras e ritmos moi contundentes, combinando os flows tan característicos de Álex coa potencia dunha banda composta por grandes veteranos da escena metal galega. Deles o xurado destacou “o envoltorio de épocas diferentes de poética galega nunha banda de guitarras, máis contundente”.

Comparte